![]() |
Mural exposto no taboleiro da Biblioteca Escolar |
O Día Escolar pola paz (30 de xaneiro) conmemora a morte de Mahatma Gandhi e como cada ano no noso colexio aproveitamos esta data para traballar contidos propios da Cultura da Paz:
"Posto que as guerras nacen na mente dos homes, é na mente dos
homes onde deben erixirse os baluartes da paz"
(Declaración da Constitución da ONU)
(Declaración da Constitución da ONU)
O xoves 30 reunímonos na sala de Usos Múltiples do cole e o alumnado de primeiro e segundo de EP leu un fermoso manifesto. Despois bailamos e cantamos, todos xuntos unha fermosa canción.
Na aula de 5º de EP, investigaron sobre algúns dos gañadores do Premio Nobel da Paz, e aquí podedes ver o resultado do seu traballo.