"Un bo libro non é aquel que pensa por ti, senón aquel que te fai pensar."
James McCosh.
Se fas clic na imaxe, descubrirás unha chea de información sobre esta conmemoración.
Nos seguintes enlaces podedes ver algunhas curtametraxes que vos convidan a descubrir o marabilloso mundo dos libros e as súas aventuras .
Los fantásticos libros voladores del Sr Morrison.
Mucho mejor ahora.
El increíble niño come libros.
Leer en corto.
Baía Edicións déixanos esta listaxe de libros para todas as idades. Podedes descargalos aquí:
En Kalandraka TV podedes gozar con estes contos contados.
O grupo A Xanela do Maxín presenta o vídeo da obra "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"
Da man do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil chéganos este vídeo - tutorial no que nos contan como facer o noso libro animado, se tes tempo, se estás aburrido, por que non intentas facer o teu? é unha maneira moi creativa de pasar o tempo nestes días!!!
Os alumnos de 5º e 6º non queren deixar pasar a oportunidade de recomendarvos os seus libros preferidos, para que vos animedes a ler grandes historias, se pinchas nas claquetas verás as súas recomendacións.
Queres ser ti tamén un booktuber? Pois pincha na imaxe e descobre como!
E se te animas a facer o teu vídeo envíanolo a dirección de correo: biblioatin@gmail.com










