CÓNTOCHE UN CONTO?







Todos os anos, participamos no apadriñamento lector. Aínda que estamos de corentena, podemos facer algo parecido, non credes?

Por iso, propómosvos que contedes un conto, dedicado aos nenos e nenas de Educación Infantil.

QUE CONTO PODEMOS CONTAR?

Elixide un conto sinxelo, xa que llo dedicas a nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos. Pode ser un que vos lían de pequenos ou algún que teñades na casa, en galego ou en castelán. Se non dispoñedes de ningún podedes escoller aquí. 

COMO DEBO GRAVAR?

Picando na imaxe verás un fermoso libro contado pola mestra Vanesa de Educación Infantil.


Preme sobre a imaxe para gozar có vídeo

Na imaxe que gravedes enfocaredes o libro, non as vosas caras. 
Senón dispoñedes dun libro físico e tedes que botar man dun virtual, podedes gravar unha escena con bonecos, ensinar debuxos feitos por vós, etc. 

Tamén podedes ver exemplos de vídeos onde se contan contos nestas direccións:
                                  

                                 
                                                Preme na imaxe  e accederas a páxína de kalandraka tv  con contos en castelán






          
          Preme na imaxe para  ver os contos de kalandraka TV en galego.

NON ESQUEZAS ENVIAR O TEU VÍDEO AO NOSO CORREO  biblioatin@gmail.com



PODEDES VER OS VÍDEOCONTOSV  PREMENDO NA IMAXE. ESPERAMOS QUE VOS GUSTÉN.

Preme sobre a imaxe para poder ver os vídeos