No noso colexio celebramos a semana da ciencia realizando diversas actividades: presentación do libro "Galegas na ciencia", Intercambios científicos e realización de experimentos.
Grazas ao Concello de Mos o alumnado de 5º de EP puido gozar da presentación do libro "Galegas na ciencia" escrito por Isabel Blanco e ilustrado por María Lapido. A autora visitou o noso centro educativo e fixo entrega duns exemplares á biblioteca do centro e ao alumnado de 5º, así mesmo, deu unha charla na que fixo un resumo do tratado no libro e explicou porque se decidiu a escribilo.
Pódense ver fotos do encontro picando aquí.
Para conmemorar a semana da ciencia, tamén realizamos Intercambios científicos, nos que o alumnado investigou sobre diversos temas e posteriormente expuxo as súas conclusións ante os compañeiros doutros grupos.
Así as clases de 4º e 6º realizaron un “Intercambio científico” no que o alumnado de 4º explicou aos maiores os seus traballos de investigación sobre os ecosistemas, e pola súa parte o alumando de 6º expuxo o resultado da súa investigación sobre o cambio climático.
Picando na seguinte imaxe pódese obter máis información acerca do Cambio Climático:Aprendemos a realizar fantásticos experimentos:
A continuación recóllense os traballos de investigación realizados polo alumando de 6º:
Pola súa parte, o alumnado de 4º explicou aos maiores as súas investigacións sobre os ecosistemas e lle mostrou as súas fermosas maquetas, que posteriormente foron expostas na biblioteca escolar.
O alumnado de 2º, aproveitando a actualidade da erupción do volcán de A Palma, decidiron investigar e experimentar sobre os volcáns e fixeron un fantástico vídeo que poderedes ver picando na imaxe.
SEMANA DA CIENCIA 20/21
"... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo" Xurxo Mariño Alfonso
En novembro conmemorase o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, por ese motivo, durante estes días imos converternos en científicos! Este ano o lema é O FEITIZO DA CIENCIA.
O científico Xurxo Mariño Alfonso elaborou o MANIFESTO, este autor salienta que este mes “...é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran.”
Os nenos e nenas do C.E.I.P de Atín- Cela sacaron toda
a maxia que atesoran e fixeron CIENCIA. Segue lendo e descobre os experimentos
que realizaron!
Os cativos e cativas de 3 e 5 anos cambiáronlle a cor
a un apio. Para ver tódalas fotos clica na imaxe.
En 1º de EP elaboraron aerodeslizadores. Que artistas!
Pica nas imaxes para ver todo o proceso.
Os nenos e nenas de 2º de EP crearon un ventilador
empregando materiais de refugallo.
Os nenos e nenas de 3º EP elaboraron diferentes experimentos!
En 4º A fixeron o experimento da pementa que fuxe e explicáronos
todo o proceso.
Pica na imaxe e descobre que experimentos se levaron a
cabo en 4ºB
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixeron diferentes experimentos. Pica nas imaxes e descobre os seus vídeos.
Porque aquelo que se experimenta, non se esquece.
A continuación propoñémosche un xogo. Serías capaz de responder ás preguntas destas 5 científicas?
Pica na seguinte imaxe e descobre MULLERES CIENTÍFICAS GALEGAS













Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.