Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño”
- Mahatma Ghandi –
O 30 de xaneiro é O Día da Paz, e queremos celebralo lembrando a lenda de Sadako, unha nena xaponesa que se converteu nun símbolo de paz en todo o mundo.
Durante o mes de xaneiro, achegamos ao alumnado a historia e creamos talleres de papiroflexia para que aprenderan a facer grúas de papel na biblioteca escolar.
Na seguinte presentación achégase toda a información de forma detallada. Pódese acceder a ela picando na imaxe.
Os obradoiros na biblioteca para aprender a facer grúas, tiveron unha gran acollida entre o alumando. Picando na imaxe accédese ao vídeo onde se poden ver algunhas das creacións dos nosos obradoiros. Pódense ver algunhas imaxes picando aquí.
Para conmemorar o Día da Paz e a Non Violencia, o alumnado de educación infantil e as súas mestras plantaron un ciprés ao carón dunha das portas de acceso ao Atín Cela. Segundo ben nos explicou unha alumna de 4°, disque é unha árbore que invita a vir para quedar e tamén é árbore de vida.
É unha árbore que na casa onde estaba, indicaba que podías atopar xantar, bebida ou incluso aloxamento para ti e os teus, segundo tivese 1, 2 ou 3 ciprés. Símbolo total de hospitalidade!
Axudaremos a coidala e a que creza por moitos anos!!
Ademais o alumnado de primaria, pendurou das árbores pombas da paz para celebrar esta data. Pódense ver as fotografías picando aquí. Para gozar do fantástico vídeo picade na seguinte imaxe.
💖 Nunha data tan especial a música non podía faltar, achégate ata o blog da aula de música picando aquí.
Da nosa celebración deron conta na páxina web oficial do Concello de Mos. Picando na imaxe pódese acceder á noticia.
E tamén estamos presentes no facebook.
No ano 2021 conmemoramos esta data bailando “Vivan las
manos de colores”
Na seguinte presentación, podedes
escoitar os desexos do alumnado do CEIP de Atín – Cela neste día tan importante
e coñecer máis de cerca algunhas das persoas que defenden a tolerancia, a
solidariedade, a concordia o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a
paz.
Esperamos que vos guste!
Nice post thank you Kevin
ResponderEliminar