DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA 2021

 

O Día Universal da Infancia, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.

É un día de celebración polos avances acadados, pero sobre todo é unha data para chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, para dar a coñecer os dereitos da infancia e para concienciar á xente da importancia de traballar cada día polo seu benestar e desenvolvemento. 

En conmemoración do Día Mundial da Infancia a Fundación La Nineta Dels Ulls, que promove a investigación e o coñecemento do retinoblastoma (cancro ocular máis frecuente en nenos e nenas menores de 6 anos), pon en marcha as Primeiras xornadas de superheroínas e superheroes, podedes coñecer todos os detalles desta campaña picando na imaxe.

Os grupos de 2º de EP participaron nesta campaña coa elaboración dun fantástico vídeo que podedes ver a continuación:





Comentarios