MOCHILAS TEMÁTICAS 21-22

 

Neste curso escolar puxemos en marcha mochilas temáticas, adaptadas a cada nivel e que teñen en conta os intereses do alumnado.

As nenas e nenos anótanse voluntariamente para levar a casa a mochila, coa que poden gozar de libros de consulta e interactivos, xogos e películas relacionadas co tema.

En cada unha delas inclúese un trípico informativo onde se recolle a relación de libros e material didáctico, así como un código QR, que permite acceder a unha enquisa que cubren todos os alumnos e alumnas que levan a mochila á casa. O análise dos resultados permitirá avaliar e mellorar esta experiencia.

A proposta para sexto de Educación Primaria é sobre Harry Potter, a continuación pódese ver unha presentación da mesma e o tríptico informativo. Picando enriba das imaxes pode accederse ao contido.

 


Ademais contamos coas seguintes mochilas temáticas:

 OS SUPERHEROES

  
 OS ANIMAIS SALVAXES

 
 
OS DEPORTES

 
OS BULE HERO

 
A MOCHILA ESPACIAL
 


Comentarios

  1. Gústache a mochila temática da túa aula? De que outros temas te gustaría que se fixese unha mochila temática?

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.