O Día
das Candeas ou Día da Candeloria celébrase o 2 de
Febreiro. É o tempo no que casan os paxariños, dende esta data ata o 14
de febreiro, Día de S. Valentín, o alumnado do centro escribe cartas de
amizade aos membros da comunidade educativa.
Para dobrar as cartas de forma creativa realízanse obradoiros de papiroflexia na biblioteca escolar.
Pódense ver diferentes fotografías destes talleres premendo na seguinte imaxe.
Aprende a facer sobres de cartas vendo o vídeo explicativo de Hiba e Noa, verás que fácil é!
Gústanche os talleres da biblioteca? Gustaríache que se fixesen outros obradoiros? De que?
ResponderEliminar