OBRADOIROS "COSENDO POLO FUTURO"

 


Durante o mes de febreiro realizamos talleres na biblioteca escolar enmarcados dentro do proxecto CEIP de Atín-Cela, Cosendo polo Futuro.

Dende o día 2 de febreiro, Día da Candeloria ata o 14, Día de San Valentín, realizáronse obradoiros de dobrado de cartas na biblioteca e na segunda quincena do mes confeccionaranse pulseiras da amizade, que poden levarse no pulso ou no pelo e bolsiñas de agasallo para gardar cartas e pequenos obxectos.

Picando nas imaxes pódense ver as primeiras creacións realizadas polo alumnado.

 


No seguinte vídeo Carla J. de 6º de EP, explícanos como facer a nosa propia pulseira-coleteiro e se ademais o fas con retallos de tea que teñas en casa ou con restos de roupa que xa non uses estarás contribuíndo a reducir o refugallo téxtil. Anímate a probar!


Pódese consultar o proxecto íntegro CEIP de Atín-Cela Cosendo polo Futuro, premendo na carátula.



Comentarios