Nestes días toda a comunidade educativa está moi preocupada polas novas que chegan dende Ucraína e os corredores énchense de murais con mensaxes de paz. Na aula de música crearon un fermoso traballo ao que podedes acceder de forma íntegra premendo na seguinte imaxe.
Dende a biblioteca escolar quixemos darlle a oportunidade ao alumnado de
participar nos obradoiros que baixo título "Avións pola Paz", axúdalles a crear avións de papel que en vez de levar bombas, portan mensaxes de PAZ.
Nesta ocasión os obradoiros foron impartidos por Xanei de 5º e Noa de 6º, moitas grazas polas vosas fantásticas explicacións, aprendimos moito con vós!!
Os nenos e nenas fan voar os avións para transmitir mensaxes de esperanza e desexos de paz.
Mira o vídeo titorial e anímate a crear o teu avión mensaxeiro de paz.

Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.