Dentro das actividades realizadas ao redor do Día do Libro, levouse a cabo, na biblioteca escolar, un Contacontos Interxeracional, no que os usuario de AFAGA, leron e interpretaron un fermoso conto titulado “La oruga glotona” ao grupo de alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria.
Con eles trouxeron as súas cartas, que o alumnado recibiu con moita ilusión.
E compartimos almorzo e xogos, desexando que este sexa o principio de moitos outros encontros.
Moitas grazas pola visita,... VÉMONOS MOI PRONTO!
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.