O venres, 6 de maio levouse a cabo o primeiro encontro Cosendo Polo Futuro, entre persoas adultas pertencentes á comunidade educativa que estaban interesadas en compartir os seus coñecementos e as que tiñan interese en aprender labores.
Despois de coñecer o número de persoas disposta a participar e as súas preferencias a través da enquisa, puxemos en marcha esta primeira reunión na que se deron nocións básicas sobre o manexo da máquina de coser e aprendemos a facer unha bolsa para levar a merenda.
Seis mulleres con ganas de aprender tivemos a sorte de contar cunha nai que tiña os coñecementos e estaba disposta a axudar, conseguimos unha xornada moi agradable no que se puxo a punto as máquinas de coser e aprendemos a facer unha bolsa da merenda reutilizable, seguindo coa nosa dinámica Refugallo Cero.
Esperemos que este sexa o primeiro de moitos outros encontros. Moitas grazas a todas pola vosa colaboración. Seguiremos encontrándonos e Cosendo por un futuro mellor.


Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.