Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022 é un reflexo da cultura galega no século XX. Militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Como poeta escribiu entre dous mundos: a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México.
O mes de maio, é o mes no que homenaxeamos a nosa lingua e no que realizaremos diferentes tarefas para dar a coñecer a vida e obra do poeta e poñer en valor o seu legado.
Así dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega,
achégannos esta recompilación de recursos que permitirán coñecer en
profundidade a Florencio Delgado, protagonista das nosas letras neste ano 2022.
Para homenaxear a Florencio e promover o coñecemento da súa figura dunha forma lúdica o luns 23 de maio realizarase unha xincana na que participará todo o alumnado do colexio. Pódese obter máis información sobre as probas que formarán parte deste circuíto picando na seguinte presentación preparada polo EDLG.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.