DÍA DO LIBRO 2022

 


Neste mes celébranse o Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril) e o Día Internacional do Libro (23 de abril), para conmemorar estas datas propoñemos a participación nas seguintes actividades:

- Recomendacións lectoras en forma de podcast ou escritas.

- Lectura dramatizada de contos.

Nas que poderán participar toda a comunidade educativa (alumnado e familias).

Estas actividades están dispoñibles na Aula Virtual na sección DÍA DO LIBRO 2022. Ruta de acceso:

Páxina Web do Colexio > Aula Virtual > Curso 2021/22  > Actividades Día do Libro 2022

Para facer a vosa aportación precisades entrar coa clave do alumnado. 

Para a súa visualización pódese acceder como convidados.

Entrade na AULA VIRTUAL onde atoparedes toda a información, ademais contades cun foro para resolver as vosas dúbidas.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!! 

Comentarios

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.