DÍA DA FAMILIA


O 15 de maio celébrase o Día Internacional das Familias para dar a coñecer o papel fundamental das familias na educación.

Para conmemorar esta data, realizamos o venres, 13 de maio un encontro entre o alumando de 6º de EP do CEIP de Atín-Cela e os usuarios de AFAGA, cos que estiveron compartindo correspondencia no presente curso académico.

Esta xuntanza interxeracional tivo lugar grazas á colaboración do Concello de Mos e coa inestimable axuda das alumnas e mestras do obradoiro de emprego.

Para preparar este encontro, o luns 2 de maio, o alumnado de 6º recibiu unhas clases prácticas para aprender a crear un centro de flores, realizado íntegramente con material reciclado, co que cada o alumando entregou ao avó ou avoa co que se estaba carteando.

Os nenos e nenas aprenderon a facer unha fermoso traballo manual que quedou moi bonito.



O venres 13, no Multiusos de Mos xuntáronse alumando e maiores, nun encontro moi emotivo no que os integrantes do obradoiro de emprego prepararon unha xornada de xogos e bailes compartidos entre a cativada e os maiores.
 

Os nenos e nenas de Atín entregaron as súas cartas, acompañadas dun marcapáxinas creado no obradoiro Cosendo polo futuro, que estamos levando a cabo no colexio.

A visita rematou cunha actuación do grupo de música tradicional de A Nosa Terra de Pereiras que amenizou o fin de festa.

Verémonos pronto! 💖

Comentarios