LECTURA POR LEITUGA

 
 
Para conmemorar o Día do Libro organizamos unha actividade de apadriñamento lector titulada “Lectura por leituga” na que o alumnado de sexto de Educación Primaria entregou un libro de lectura da biblioteca escolar e a cambio os nenos e nenas de cuarto de Educación Infantil regaláronlle unha leituga da súa horta.

Os libros da biblioteca foron lidos previamente polo alumnado e esa lectura foi transformada nun código QR para que puidesen levar o libro emprestado a casa e escoitar o conto tantas veces como quixeran.

Foi unha bonita actividade na que destacou atención prestada polo alumnado de Educación Infantil e o cariño co que os maiores trataron aos pequenos.

 

 

Comentarios