PRÓXIMA APERTURA DA BIBLIOTECA DO CEIP ATÍN-CELA!

 


    Despois dun cambio de imaxe...

    A biblioteca do Atín xa está case lista para abrir as súas portas a última semana de outubro e,  para comezar por todo o alto, que mellor que celebrar unha das nosas festas favoritas, O Samaín!!


   O monstro quita medos será un dos protagonistas nesta primeira semana, xa que convidaremos aos nenos e nenas de infantil, primeiro e segundo ciclo de primaria a escribir nunha galleta os seus medos. O monstro vai estar encantado, non hai cousa que máis lle guste que comer galletas con medos!
    Por suposto, non nos esquecemos dos rapaces e rapazas do terceiro ciclo, xa que para eles e elas temos unha actividade especial, un concurso de relatos curtos. O gañador ou gañadora terá premio! 






Ademais de actividades especiais, a biblioteca xa ten preparado un espazo de recomendacións lectoras, e como non, nesta ocasión as LECTURAS TERRORÍFICAS serán as protagonistas.






Comentarios