XA ESTAMOS AQUÍ!!

 


Obras rematadas! o que quere dicir que, finalmente, a biblioteca abriu as súas portas (e os libros as súas pastas) aos nenos e nenas do Atín-Cela. E, para celebrar a apertura do 24 de outubro, non faltaron agasaios, caramelos do samaín e marcapáxinas para o alumnado.


Foi unha semana emocionante, como adiantaramos na entrada anterior, a reapertura coincidiu coa celebración do Samaín, polo que se fixeron actividades temáticas como...

                                             

- Lecturas terroríficas na biblio.

- Obtivemos un gañador no concurso de relatos curtos.

- O monstro 'Comemedos' fartouse de galletas cos medos dos nosos/as alumnos/as.

- Fixemos manualidades como os libriños do Samaín.






Outra das actividades especiais que se levaron a cabo no Atín, foi xogar coa Beeboot... PASÁMOLO EN GRANDE!


Linkea na imaxe para acceder aos vídeos da actividade





Comentarios