O Nadal no Atín-Cela

 



Boas nenos, nenas e familias!

As vacacións de Nadal están moi preto, polo que dende a escola estivemos preparando estas datas tan especiais. Na biblioteca fixemos actividades para festexar e saborear o Nadal:



O alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria puideron disfrutar dun taller de manualidades, onde puxeron todo o seu empeño e ilusión en crear fermosos adornos navideños.





Para os máis pequenos do cole (Infantil e 1º ciclo de primaria) preparouse un Contacontos. O conto elexido foi 'Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis'





Para poñer o broche de ouro a estas datas tan especiais, Isaac Palacín pasou pola nosa biblioteca, deixando a súa pegada musical e emocional na nosa escola. 

Un agradecemento especial a profe Viqui por traermos este invitado tan especial.




Linkea a imaxe para acceder a blog 'Música Atín' onde atoparás fotos da visita!!





Comentarios