ENTROIDO DE CINE!!

 



Xa estamos de volta no Atín despóis dun entroido espectacular...
O día 17 de febreiro as estrelas da nosa escola reluciron máis que nunca. Os nenos, nenas, mestras e mestres amosaron os seus mellores pasos de baile  nun desfile de película

Pero non só o 17 foi especial, xa que os días previos ademáis de estar cargados de ensaios, nervios e moito traballo, foron días de aprendizaxe da nosa propia cultura

O Entroido galego é unha das nosas tradicións populares máis ricas e importantes, polo que o alumnado estivo traballando sobre os diferentes 'Entroidos galegos' e os seus protagonistas ( as Pantallas de Xinzo, os Cigarróns de Verín, os Peliqueiros de Laza...). 

As nosas compañeiras do equipo TIC quixeron poñer a proba o aprendido e levaron a cabo unha actividade coa BEE BOT 'CANTO SABES DOS ENTROIDOS GALEGOS?'.


Linkea para acceder aos vídeos e imaxes da Bee Bot

Outro dos protegonistas que non pode faltar nun entroido é o Meco, que durante toda a semana tivo ao cole tolo coas súas ordes, facendo que profesorado e alumnado levaran vestimentas moi estrañas e estrafalarias.






O alumnado de 6º de primaria deleitounos coas incribles coplas do entroido para botarlle a culpa ao meco de todos os males do mundo.
 
Linkea a imaxe para acceder ao blog Música Atín para máis información


Para rematar, agradecer o traballo das familias na confección dos disfraces e doces que puidemos degustar o día da festa. MOITAS GRACIAS A TODOS/AS!!

Comentarios