Día da PAZ 2023/2024

 

O pasado 30 de xaneiro celebrouse o ''Día Escolar da PAZ''.
Dende o CEIP ATÍN-CELA decidimos darlle unha volta e enfocar este día como a búsqueda da paz interior como primeiro paso para lograr a PAZ a outros niveis. Se nós estamos en paz con nós mesmos, estaremos en paz cós demais.
Durante os días previos ao día da conmemoración, o alumnado asistiu a un obradoiro de 'Ioga'. Tamén foron creando un mural entre todos, facendo nas aulas pombas brancas practicando a papiroflexia.
Gracias ás achegas do noso alumnado, puidemos confeccionar un audio que se escoitou por megafonía o 30 de xaneiro no centro, no que curso por curso facían pequenas reflexións sobre o tema. Para rematar, toda a escola (mestras e alumnado) bailou a canción 'Soño un planeta de paz' de Unai Quirós.


Comentarios