Conmemoración do 'Dia do libro', 23 de abril 2024.

 


O martes 23 de abril foi o DÍA DO LIBRO.

Durante a semana o alumnado estivo moi entretido facendo MARCAPÁXINAS e preparando contos para os máis pequenos do cole. O picnic lector foi todo un éxito.

Ademais do gran éxito do apadriñamento lector, tivemos a sorte de contar con dúas actividades máis na biblioteca:
- A visita de Iria Misa, autora do libro que está a disfrutar o alumnado de 6º EP, 'Unha veciña de película'.


- A homenaxe de David Rodríguez ó Hematocrítico cun maravilloso conto do autor, 'Morto de fame', acompañado de música.


Comentarios