Comezamos a nosa volta ao mundo coa axuda das mochilas viaxeiras!
Traemos novas para vos. Para facilitar a tarefa de investigación do alumnado, a biblioteca proporcionará libros de cada un do país do centro. Polo que cada aula, terá un amplo repertorio de libros ambientados no seu país. Será un ano cheo de historias atractivas e interesantes para os nosos lectores!
Por suposto, estes libros poderán chegar a tódalas casas para que, familias e alumnado, poidan desfrutar dun momento agradable de lectura. Grazas a que dende onte, 28 de Outubro, o CEIP Atín Cela arranca coas mochilas viaxeiras. Esperamos que vos guste.
Desfrutade dos libros!
Un saúdo, o Equipo de Biblioteca!
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.