ESTAMOS DE VOLTA!
Onte, día 24 de Outubro, foi o día das bibliotecas e por esta razón foi o día da apertura deste espazo escolar. Para facer este día un pouquiño máis especial, aproveitamos a temática do proxecto do noso colexio para guiar aos nenos e ás nenas a coñecer o destino final: a biblioteca.
Como sabedes, o noso lema é "Atinando polo mundo" porque cada aula enfocarase nun país para indagar as curiosidades e a historia de cada zona. Así que aproveitamos para que o alumnado resolvera unhas probas que apareceron esa mañá na aula. A través da solución a cada adiviña, cada aula puidose desprazar polos países atopados no colexio para ter que resolver outras probas novas ata chegar á proba final que lles conduciu á biblioteca.
A emoción non quedou aquí, xa que dentro atopamos unha chea de agasallos, un para cada país. Foi unha ledicia para todos! Agora temos ganas de volver a este lugar máxico para seguir coas nosas investigacións. Seguiremos informándovos das sorpresas que se esconden neste lugar. Preparádevos!
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.