1º EVENTO ESPECIAL:
"APADRIÑAMENTO LECTOR"
Bo día! Como estades?
Nos estamos aquí para poñervos ao día das novas desta última semana. Estamos seguros de que os pequenos e as pequenas comentaron na casa o día tan especial do venres pasado. Tivemos a sorte de desfrutar dun día soleado para poder desfrutar dunhas agradables lecturas ao aire libre. E que mellor que na compañía dos compañeiros máis grandes do centro.
Como podedes comprobar, os maiores da escola leron libros da biblioteca aos máis pequenos. Foi unha grata experiencia desfrutar dun descanso e dunha boa compañía... e non falamos soamente dos libros!
Outros tamén desfrutaron das lecturas por outros espazos da escola, como a nosa biblioteca na que temos unhas zonas moi cómodas.
Ao igual que aproveitamos para visitar as aulas doutros nenos e nenas.
E por se fora pouco, o alumnado de 5ºB de E.P. animouse a crear e representar unha obra teatral inspirada no Nadal. Dende aquí aplaudimos o seu esforzo para tal organización á hora do traballo e pola creatividade tanto da escenificación coma da obra teatral.
Un saúdo, O Equipo de Biblioteca.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.