SEGUNDO E ÚLTIMO APADRIÑAMENTO

Bo día e feliz ano!

Xa estamos de volta despois das vacacións de Nadal e estreamos o trimestre cunha actividade moi especial.

O venres 17 aproveitamos a hora de ler para dar paso a actividade "apadriñamento lector". Como podedes recordar, no primeiro trimestre os nenos e nenas maiores leron contos aos máis pequenos. E como saiu tan ben, repetimos outra vez pero nesta ocasión intercambian os papeis. Os máis pequenos terán que ler aos maiores.

A continuación mostrámosvos uns exemplos das grandes ocurrencias para contar un conto atractivo á vez que emotivo. Así como a gran paciencia dos maiores para escoitar os contos dos nenos que aínda están comezando a ler.

Esperamos que vos guste!

Un saúdo, o Equipo de Biblioteca.

























Comentarios