DÍA DA AMIZADE
O día 14 de Febreiro foi o día de San Valentín e, para nós, día da amizade. Dende este espazo quixemos aproveitar para por en valor a expresión dos nosos sentimentos hacia outras persoas do centro. Polo que durante toda a semana tiveron oportunidade de achegarse á biblioteca libres de presións a deixar unha carta para outra persoa.
Foi unha ocasión para fomentar non só a lectura senón tamén a escritura e a expresión das nosas opinións e sentimentos. Xa que é a mellor mostra de amor.
Despois, o propio día da Amizade, os nosos voluntarios de biblioteca serviron de apoio para nós repartindo as cartas aos seus destinatarios.
Esperamos que o comentárades na casa e que lles gustara a nosa proposta.
Un saúdo, o Equipo de Biblioteca!
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.