OBRADOIRO SOBRE RADIO ESCOLAR

Boa tarde:
Que tal estades? Esperamos que esteades a desfrutar desta fin de semana. Estamos seguros de que os nenos e nenas de 4º e 5º estarán aínda máis felices porque este xoves desfrutaron dunha xornada de formación de radio.



Foi unha experiencia moi agradable e divertida. Grazas á "Solo voz" puidemos observar as diferencias na entonación no noso discurso segundo o tipo de información que queramos dar e as partes que compoñen as gravacións de radio. E para iso, probamos xogos divertidos como lectura de frases con signos de puntuación e sen eles. Xa que a súa lectura incorrecta pode comprometer o seu significado. Tamén probamos lecturas máis avanzadas nas que tiñamos que ler frases nas que desaparecían palabras e demostrar que o noso cerebro pode ir máis rápido que a nosa fala. E outras cualidades importantes para un bo locutor como o control da vocalización, do ritmo, a intensidade, o volume e o ton da nosa voz. Todo isto aplicado en lecturas divertidas coma os trabalinguas.




Non sendo suficiente, despois deste traballo, fixemos o noso programa de radio para probar tantas aprendizaxes. Sen dúbida, unha gran aprendizaxe para os noso cativos á vez que atractivo. Dende aquí, queremos agradecer o gran traballo do equipo "Solo voz".



E vós, atrevédevos a probar as probar que superarou o alumnado?

Un saúdo, o Equipo de Biblioteca.


Comentarios