II RECOMENDACIÓNS LECTORAS


Bo día!
 
Hoxe é venres e o día previo ás vacacións de Semana Santa. Serán uns días perfectos para descansar, desfrutar e recargar pilas para o derradeiro e fugaz trimestre. Á vez que será un momento moi proveitoso para coñecer novas historias a través da lectura.

Dende o Equipo de Biblioteca animávosvos a ler cós nenos e coas nenas para compartir un tempo xuntos, deixar voar a imaxinación e a creatividade e para que eles mesmos coñezan unha forma de descansar a mente.

E para iso, todo o profesorado da escola fixemos unha seleción de libros para vós. Esperamos que vos sirva para ampliala vosa biblioteca e esperamos ter comentarios á volta. Descansade, lede e desfrutado.

Un saúdo, o Equipo de Biblioteca.














Comentarios