GRAN SEMANA DO LIBRO
A derradeira semana foi a "Semana do libro" e nós tivemos unhas datas moi especiais.
Ao longo da semana tivemos sorpresas gardadas para cada día:
- A lectura do noso conto colaborativo no que xuntos creamos unha historia dunha viaxe por todo o mundo, visitando os países de cada aula. Ese día levamos de agasallo o conto impreso para cada un de nós. Será un bonito recordo deste gran curso.
Ademais, tivemos a oportunidade de crear este recordo xuntos cunha lectura dos voluntarios ao aire libre, nas escaleras da entrada do colexio.
- A exposición do mural do noso "Lerflix" coas lecturas escollidas para a viaxe prevista deste curso: Italia, Francia, Cuba, Brasil, Exipto, India...
Lemos o libro doutros compañeiros e elaboramos a ficha cos debuxos da portada.
- Fixemos un amigo invisible con préstamos de libros dentro de cada aula.
- Escoitamos a lectura de contos de Sabela Gago. Foi fascinante sentir as súas palabras sendo nós mesmos partícipes da súa escenificación. Estamos desexando volver compartir momentos coma estes con ela.
Esperamos que vos guste a nosa aportación. Nós desexamos repetir estes días.
Ata outra!
Un saúdo, O Equipo de Biblioteca.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.