ESTAMOS DE VOLTA!




O pasado 24 de outubro, con motivo do Día das Bibliotecas, vivimos unha xornada moi especial no noso colexio. Non só celebramos o valor dos libros e da lectura, senón tamén a apertura oficial da nosa biblioteca escolar neste novo curso.

E como non podía ser doutro xeito, fixémolo cunha gran aventura… propia dos nosos Detectives do Tempo.

Antes de poder acceder á biblioteca, o alumnado tivo que poñerse mans á obra e construír a súa propia máquina do tempo. Con imaxinación, traballo en equipo e moita creatividade, deron forma a un portal máxico cheo de cores, engrenaxes e portas misteriosas.

Só atravesando esa máquina poderían viaxar no tempo e chegar ao destino máis importante: a biblioteca.



Tras seguir as indicacións e observar con atención, o alumnado descubriu o seu agasallo: unhas lupas especiais de detective, símbolo da súa nova identidade como investigadores do tempo. 



Con elas poderán observar, descubrir e analizar os misterios agochados nas páxinas dos libros.



Os nosos Detectives do Tempo xa están preparados para viaxar, investigar e vivir mil historias na biblioteca





Comentarios