Como bos detectives do tempo, queremos descubrir historias de onte, de hoxe e de mañá, e para iso necesitamos unha axuda moi especial: as Mochilas Viaxeiras.
Cada mochila viaxeira leva dentro un pequeno tesouro: libros cheos de aventuras, misterios, contos, cómics e xogos que nos axudaran a viaxar no tempo a través da lectura.Cada semana unha destas mochilas irá a casa cunha familia diferente para que xuntos poidades ler, compartir e xogar.
Dentro da mochila tamén atoparedes o caderno viaxeiro, onde poderedes deixar as vosas impresións
Cando a mochila regrese a escola,continuará a sua viaxe a outro fogar, levando consigo novas pistas e novas emocións.
¡Esperamos que disfrutedes moito con esta nova aventura lectora!
Un saudo, o equipo da biblioteca!

Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.