Unha visita moi especial!

 


Visita de David Rodríguez!

    Hoxe tivemos a sorte de recibir no noso colexio ao autor do libro Superavoa, unha historia entrañable que nos fixo reflexionar e emocionarnos.

    Durante a súa visita, explicounos que o libro é unha fermosa homenaxe ás avoas e aos avós, especialmente a esas avoas que se converten en auténticas superheroes sen capa. 

    Un dos momentos máis divertidos da xornada foi cando o autor nos contou o conto.

    Para rematar, cantounos unha canción moi divertida, e algúns compañeiros e compañeiras animáronse a seguir o ritmo con palmas.

    Tamén nos firmou os nosos libros!





Foi unha experiencia moi bonita que nos fixo valorar aínda máis ás nosas superavoas. 💛

Comentarios