SEMANA DO DÍA DO LIBRO
Esta semana celebramos no noso centro a Semana do Día do Libro, un momento moi especial para fomentar o gusto pola lectura entre todo o alumnado.
Hoxe, vivimos unha xornada chea de historias e emocións.
Por un lado, os alumnos e alumnas participaron nun bonito intercambio lector, compartindo libros que xa leran cos seus compañeros. Esta actividad non só lles permite descubrir novas lecturas, senón tamén recomendar as suas historias favoritas e aprender a valorar os gustos dos demais.
Ademais, o alumnado de Infantil e do primeiro ciclo de Primaria recibiron unha visita moi especial. Estefanía, mamá dun dos nosos alumnos, converteuse por un día en contacontos e regaloumos un momento máxico narrando La mosca Chosca. Co seu entusiasmo e cercanía, conseguiu captar a atención dos máis pequenos, que disfrutaron, riron e participaron activamente no conto.
Queremos agradecer as familias a súa implicación e colaboración, que enriquecen enormemente a vida do noso centro.
Seguimos sumando momentos que fan da lectura unha experiencia inolvidable.




Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.