Hoxe tivemos unha visita moi especial no noso colexio: a escritora Eva Mejuto do libro Dez gatiñas viaxeiras, achegouse para compartir con nós a súa historia e a súa creatividade.
O alumnado recibiu á autora con moita ilusión. Escoitamos un anaco do conto e gustounos moito. Despois puidemos facerlle preguntas e ela respondeunos con moita simpatía.
Para rematar, asinou exemplares do libro, o que fixo que a experiencia fose aínda máis memorable.
Sen dúbida, foi unha xornada moi enriquecedora que nos anima a seguir lendo, imaxinando e creando. Agradecemos moito a súa visita e agardamos poder repetir unha experiencia tan bonita no futuro.




Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.