RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 


Despedímonos.......ata setembro!


Co remate do curso tamén chega o momento de pechar, durante uns meses, as portas da nosa biblioteca escolar. Foron moitos os libros compartidos, as historias descubertas, as actividades vividas e as aprendizaxes que gozamos xuntos.

Agora comeza o verán, un tempo para descansar, xogar, descubrir e seguir soñando. E, para todo iso, os libros son sempre os mellores compañeiros.

Agardamos que as nosas recomendacións vos acompañen durante estas vacacións e que atopedes nelas novas historias, personaxes inesquecibles e momentos para lembrar.

 
      







Fainos moita ilusión pensar que, cando volvamos en setembro, regresaremos con novas historias que contar e con moitas ganas de seguir lendo xuntos.


Feliz verán e felices lecturas! Vémonos á volta.

Comentarios