CANDELORIA 2022

 

A partir da Candeloria ningunha ave voa soa 


O Día das Candeas ou Día da Candeloria celébrase o 2 de Febreiro.  É o tempo no que casan os paxariños, dende esta data ata o 14 de febreiro, Día de S. Valentín, o alumnado do centro escribe cartas de amizade aos membros da comunidade educativa.

Para dobrar as cartas de forma creativa realízanse obradoiros de papiroflexia na biblioteca escolar. 

 

 

O Día de San Valentín entréganse aos seus destinatarios, as cartas depositadas nas caixas das súas aulas e na biblioteca escolar. 

Foi moi emocianante descubrir canto cariño e amizade esconden estas cartas e os bos sentimentos que despertan no alumnado. Pódese ver algunhas fotografías premendo na seguinte imaxe.

 

 Navega pola imaxe interactiva e descobre máis sobre esta festividade e todas as actividades que realizamos a redor desta conmemoración.

 

Comentarios

  1. Ola bo día. Quería saber onde se vai poñer a caixa para enviar cartas ao alumnado doutros cursos.
    Adeus!

    ResponderEliminar
  2. Ola Martina, a caixa está no recuncho lector situado ao lado da entrada. Saúdos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.