A partir da Candeloria ningunha ave voa soa
O Día
das Candeas ou Día da Candeloria celébrase o 2 de
Febreiro. É o tempo no que casan os paxariños, dende esta data ata o 14 de febreiro, Día de S. Valentín, o alumnado do centro escribe cartas de amizade aos membros da comunidade educativa.
Para dobrar as cartas de forma creativa realízanse obradoiros de papiroflexia na biblioteca escolar.
O Día de San Valentín entréganse aos seus destinatarios, as cartas depositadas nas caixas das súas aulas e na biblioteca escolar.
Foi moi emocianante descubrir canto cariño e amizade esconden estas cartas e os bos sentimentos que despertan no alumnado. Pódese ver algunhas fotografías premendo na seguinte imaxe.
Navega pola imaxe interactiva e descobre máis sobre esta festividade e todas as actividades que realizamos a redor desta conmemoración.
Ola bo día. Quería saber onde se vai poñer a caixa para enviar cartas ao alumnado doutros cursos.
ResponderEliminarAdeus!
Ola Martina, a caixa está no recuncho lector situado ao lado da entrada. Saúdos.
ResponderEliminar