ENTROIDO 2022

 

Empezamos o noso Entroido cun vello coñecido... O MECO.

Durante catro días os nenos e nenas deben cumprir as ORDES deste personaxe poñendo diferentes prendas: gorro, pixama, bata ou calcetíns.

As ordes do Meco queren facer unha homenaxe a nosa poeta máis universal, xa que, este ano inclúese por primeira vez a celebración do Día de Rosalía (23 de febreiro), nas conmemoracións recollidas no calendario oficial.

Pódense ler os mandatos premendo na imaxe.

O venres previo ás vacacións celebramos a gran festa do Entroido, onde tivemos a sorte de gozar da actuación do grupo infantil de A Nosa Terra de Pereiras que animaron a todos coa súa música💖
Despois desta fantástica actuación produciuse a lectura do  TESTAMENTO no que se exaltan os pecados ou vivencias máis destacadas do último ano e a posterior queima do Meco.

Nesta ocasión o Meco era unha representación satírica dun virus, que busca denunciar certas situacións que sucederon nos últimos meses arredor da pandemia e doutros acontecementos que marcaron a vida de todos os membros da nosa comunidade educativa.

É o alumnado de sexto de EP o encargado de ler este testamento, mentres ao final de cada estrofa os alumnos e alumnas do centro corean... LUME AO MECO, LUME!!
Pódese ler e escoitar o testamento, premendo na imaxe e no potcast.

 


Comentarios

  1. Encántame 🎊🎊🎊🎊Viva o Entroido!!!!

    ResponderEliminar
  2. Parabéns a todo o alumnado e aos mestres por un traballo tan fermoso.

    ResponderEliminar
  3. Leila 6º

    Parabéns, a todos os profes e cativos e cativas que axudaron a lavar a cabo o Entroido 2022

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas polo teu comentario Leila, sen a vosa axuda sería imposible levalo a cabo ;-)

    ResponderEliminar
  5. Festa rachada! Que maravilla os gaiteiros!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.