Dentro do proxecto CEIP de Atín-Cela Cosendo polo
futuro, propoñemos o noso primeiro RETO,
que consiste en transformar unha prenda de roupa que xa non usedes, por exemplo,
porque cambiastes de talla e xa non vos sirve, nunha bolsa.
Pode ser unha bolsa útil para ir á compra ou para usar como bolso, o caso é darlle unha segunda vida a unha prenda que xa non estaba en uso.
Para inspirarvos podedes ver o seguinte vídeo onde se transforma un xersei deportivo, nunha fermosa bolsa.
Se vos animades a facer este proxecto agradeceríamos que nos enviases unha foto da prenda inicial e da bolsa resultante.
Aquí tedes algún exemplo:
Podedes enviar as vosas fotografías co antes e o despois a biblioteca escolar:
💖Aquí están as vosas fantásticas creacións 👏👏👏
Moitas grazas á familia de Hugo e David Freiría pola participación neste reto,... Todos xuntos cosendo por un mundo mellor ;-)
ResponderEliminarGrazas á familia de Erea Ucha por participar neste reto, a vosa participación danos ánimos para seguir traballando nos nosos proxectos. Parabéns polo voso traballo!
ResponderEliminarAgradecemos á familia de Rubén Dagraza a súa aportación ao noso reto, cunha fermosa bolsa de flores. Fantástico traballo, moitos parabéns!
ResponderEliminarMoitas grazas á familia de Édgar Núñez por participar neste reto. Moitos parabéns! A bolsa quedou preciosa ;-)
ResponderEliminarFainos moita ilusión comprobar que cada vez máis familias se animan a participar,... XUNTOS COSENDO POLO FUTURO!
Agradecemos á familia Pichel Groba a súa fantástica aportación ao noso reto, parabéns por un traballo incrible!
ResponderEliminarParabéns a Nagore Pichel e familia por un fantástico traballo. Seguimos reducindo o refugallo téxtil, cosendo por un futuro mellor... Ata o próximo reto! :-)
ResponderEliminarMoitas grazas á familia de Mateo Pinal por participar no noso reto transformando un pantalón en dúas mochiliñas, para levar auga e algún pequeno obxecto. Moitos parabéns polo voso traballo!!
ResponderEliminarQue cousas tan bonitas!! Noraboa por esas creacións!!
ResponderEliminarGrazas polo teu comentario Salomé, todo o mérito é destas fantásticas familias que ocupan o seu tempo en participar nos noso reto e contribuír así na reducción dos residuos téxtiles :-)
EliminarAgradecemos á familia Nicolás e Alex Alonso que dedicase o seu tempo para facer o noso reto e axudarnos a loitar por un mundo mellor, BO TRABALLO!
ResponderEliminarChulisimas todas! Parabéns pola iniciativa.
ResponderEliminar