RETO 1: COSENDO POLO FUTURO

 


Dentro do proxecto CEIP de Atín-Cela Cosendo polo futuro, propoñemos o noso primeiro RETO, que consiste en transformar unha prenda de roupa que xa non usedes, por exemplo, porque cambiastes de talla e xa non vos sirve, nunha bolsa.

Pode ser unha bolsa útil para ir á compra ou para usar como bolso, o caso é darlle unha segunda vida a unha prenda que xa non estaba en uso.

Para inspirarvos podedes ver o seguinte vídeo onde se transforma un xersei deportivo, nunha fermosa bolsa.

 

Se vos animades a facer este proxecto agradeceríamos que nos enviases unha foto da prenda inicial e da bolsa resultante.

Aquí tedes algún exemplo:


Podedes enviar as vosas fotografías co antes e o despois a biblioteca escolar:

biblitecadeatin@gmail.com

 💖Aquí están as vosas fantásticas creacións 👏👏👏


Comentarios

  1. Moitas grazas á familia de Hugo e David Freiría pola participación neste reto,... Todos xuntos cosendo por un mundo mellor ;-)

    ResponderEliminar
  2. Grazas á familia de Erea Ucha por participar neste reto, a vosa participación danos ánimos para seguir traballando nos nosos proxectos. Parabéns polo voso traballo!

    ResponderEliminar
  3. Agradecemos á familia de Rubén Dagraza a súa aportación ao noso reto, cunha fermosa bolsa de flores. Fantástico traballo, moitos parabéns!

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas á familia de Édgar Núñez por participar neste reto. Moitos parabéns! A bolsa quedou preciosa ;-)
    Fainos moita ilusión comprobar que cada vez máis familias se animan a participar,... XUNTOS COSENDO POLO FUTURO!

    ResponderEliminar
  5. Agradecemos á familia Pichel Groba a súa fantástica aportación ao noso reto, parabéns por un traballo incrible!

    ResponderEliminar
  6. Parabéns a Nagore Pichel e familia por un fantástico traballo. Seguimos reducindo o refugallo téxtil, cosendo por un futuro mellor... Ata o próximo reto! :-)

    ResponderEliminar
  7. Moitas grazas á familia de Mateo Pinal por participar no noso reto transformando un pantalón en dúas mochiliñas, para levar auga e algún pequeno obxecto. Moitos parabéns polo voso traballo!!

    ResponderEliminar
  8. Que cousas tan bonitas!! Noraboa por esas creacións!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas polo teu comentario Salomé, todo o mérito é destas fantásticas familias que ocupan o seu tempo en participar nos noso reto e contribuír así na reducción dos residuos téxtiles :-)

      Eliminar
  9. Agradecemos á familia Nicolás e Alex Alonso que dedicase o seu tempo para facer o noso reto e axudarnos a loitar por un mundo mellor, BO TRABALLO!

    ResponderEliminar
  10. Chulisimas todas! Parabéns pola iniciativa.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.