O 16 de febreiro o alumnado de 6º de Educación Primaria, recibiu unha entretida charla educativa sobre a importancia de reciclar as pilas e acumuladores.
Neste obradoiro aprendemos que unha batería é moi útil para a nosa vida diaria, pero cando chega ao final da súa vida útil pode converterse nun contaminante tóxico para o medio ambiente se se elimina de forma incorrecta.
A través da reciclaxe non só evitamos crear residuos contaminantes, tamén contribuímos a que o 75% dos seus compoñentes poidan ser reutilizados. Un dos principais obxectivos é reducir o uso de pilas e substituílas por pilas recargables que teñan unha maior vida útil e reducir o consumo das desbotables.
Aproveitamos esta entrada para recordar que seguimos coa recollida de pilas e acumuladores ata o 28 de marzo, anímate a traer as pilas usadas ao colexio!
Máis información sobre o PILABOT na seguinte dirección:
https://pilabot.gal/
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar