O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía.
A poesía é un xénero literario, que nos permite expresar pensamentos, sentimentos e emocións, utilizando unha linguaxe chea de beleza e que se pode expresar con recursos literarios como a prosa e o verso.
Esta conmemoración invita ao encontro, á irmandade e ao amor entre os pobos, por iso o alumnado quixo centrarse en poemas de Paz en favor do pobo ucraíno.
O alumnado de primeiro ciclo construíu caligramas, que son textos poéticos en forma de debuxo nos que se combina a poesía coa representación gráfica de figuras vinculadas coa temática da paz, neste caso en forma de mans e de símbolos de paz.
Aquí está o seu fantástico traballo:
En Educación Infantil acorde ao Proxecto Ríos, no que levan traballando durante todo o curso, decidiron centrarse na poesía Adios ríos, adios fontes de Rosalía de Castro.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.