COÑECENDO O RÍO GATO

 


O alumnado de sexto de Educación Primaria realizou o martes 5 de abril, unha saída didáctica enmarcada dentro do Proxecto Ríos e Refugallo Cero, que estamos levando a cabo no noso centro educativo durante o curso 2021-2022.

Á excursión fomos acompañados dos biólogos Paco e Iria da asociación ADEGA, polo especialista coñecedor da zona, Daniel e por Iago de protección civil do Concello de Mos. Aos que agradecemos a súa inestimable axuda.

Saímos do colexio preparados para realizar un recorrido ata o río no que aproveitamos para recoller o lixo que fomos atopando. 

Nas proximidades do río vivimos unha auténtica aventura pasando por  lugares pouco transitados e con moita vexetación. En todo momento o alumnado mostrou unha actitude colaborativa e solidaria, recollendo os residuos que ían topando e axudando aos compañeiros a salvar as dificultades do camiño.

A maioría dos residuos atopados eran plásticos e entre eles destacamos unha botella de lixívia moi antiga da marca "Nomar", atopada por Darío, que gardamos por ser un exemplo do dano que fai o plástico na natureza e o moito que tarde en degradarse.

As botellas de PET son un dos obxectos de plástico máis utilizados no mundo e é normal preguntarse canto tempo pode tardar en desaparecer se chega ao chan do bosque, do río ou do mar. Unha botella de plástico tipo PET pode tardar ata 1.000 anos en descompoñerse completamente na natureza. 

E aínda que non topamos o ano de fabricación, as nosas indagacións lévanos a pensar que pode ter unha antigüidade de entre 40 e 50 anos. Na seguinte imaxe podedes ver a botella atopada. E se picas aquí podes ler un artigo que fala sobre unha botella similar á que encontramos.

Cando chegamos ao río Gato foi unha experiencia moi educativa para o alumando poder analizar os invertebrados presentes no río e poder clasificalo en función do atopado, cunha calidade óptima, grazas á clase maxistral dada polos biólogos Paco e Iria.

 

Foi un día inesquecible que repetiremos moi pronto visitando de novo este querido río para seguir coidando o seu entorno e que así poda ser visitado por todo o alumnado e os veciños da zona.


 

 

Comentarios

  1. Noa 6º: encantoume esta excursión oxalá repetir, e quero dar as grazas aos profesores que fixeron posible esta divertida excursión.

    ResponderEliminar
  2. Mauro 6º= Me parece un sitio moi bonito e interesante para visitar, o recomendo.

    ResponderEliminar
  3. Ola! Hoxe quero perder un anaquiño de tempo para algo que paga a pena. Dende aquí quero demostrar o moito que me gustou visitar este fermoso río, o río Gato. Penso que o que máis me gustou foi analizar o río, e sobre todo saber que estaba nuhas condicións bastante boas, iso foi o que máis me alegrou. Tamén quero agradecer a Daniel, xa que nos levou onda este precioso río, aos biólogos Paco e Iria, por ensinarnos tantas cousas sobre a natureza, e por suposto a Iago de protección civil de Mos, por axudarnos coas nosas pertenzas e co tráfico á hora de cruzar a estrada. Coidemos os nosos ríos!!
    Fabiola 6º.

    ResponderEliminar
  4. Carla Vila 6º: a min encantoume a excursión ao río Gato, e quero dar as grazas a Daniel que nos acompañou, a Paco e a Iria que son da asociación ADEGA, eu aprendin moitas cousas novas e tamén quero dar as grazas a Fernando, a Fani por acompañarnos e por último a Iago de protección civil porque nos levou as nosas botas para que nos non cargaramos con elas. Oxalá volver a repetir a excursión porque foi moi guay pero para a próxima que sea hasta a tarde comer no pazo que hay alí.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.